20/12/2013
  • Actualidad

Grazas por un novo ano de esforzo e compromiso co proxecto e toda a enerxía e ilusión para seguir consolidadndo á comunidade docente de educaBarrié-


19/12/2013
  • Actualidad
  • Didáctica

El 16 y 17 de diciembre se celebró  el " VI Curso de Monitores de Museos y Centros de Ciencia" en elMuseo Nacional de Ciencia y Tecnología ( MUNCYT) de A Coruña.
El evento, al que asistieron monitores y educadores de  museos y centros de ciencia de toda España, es una iniciativa de la FECYT   (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología) y del MUNCYT.

Además de visitas  y actividades en  los museos científicos de A Coruña  y en el acuario Finisterrae, los educadores compartieron proyectos que están desarrollando en sus centros, disfrutaron activamente de un taller de divulgación en radio, coordinado por Manuel Vicente de Efervesciencia, y asistieron a dos charlas muy interesantes sobre la divulgación científica en Redes Sociales impartida por Soledad Gómez, experta universitaria en Formación con Nuevas Tecnologías y Maite Moretín, profesora del Departamento de Didáctica de las Ciencias de la Universidad del País Vasco, que reflexionó sobre la necesidad de crear puentes entre la escuela y los museos y sobre el impacto  de las actividades escolares en contextos no formales en el proceso de enseñanza aprendizaje de la ciencia.

Para finalizar, se desarrolló una interesante mesa redonda " Crear sinergias entre profesores y museos", en la que participaron  Javier Novelle, presidente de la Asociación de Amigos de los Museos Científicos,  Enrique Santillán, un  profesor de ciencias del colegio Maristas-Cristo Rey de A Coruña, dinámico  participativo y comprometido en la mejora de la enseñanza de las ciencias y la coordinadora didáctica de educaBarrié .

Un debate muy productivo en el que se reflexionó sobre el diseño de las actividades en los museos, la necesaria conexión curricular y de la creación de espacios de encuentro entre la escuela y los museos, en los que el profesor es el canal principal de comunicación. Durante la charla se mostraron algunos de los ejemplos de actividad de educaBarrié para la divulgación y fomento de las vocaciones científicas, alguna de cuyas acciones  se recogen en el proyecto educaCiencia de la web de educaBarrié.


04/12/2013
  • Actualidad
  • Proxectos escolares

Casi recén saídos dun mes de congresos e xornadas, podemos afirmar que a comunidade docente educaBarrié afiánzase día a día coa colaboración dos mellores profesores innovadores de Galicia.

Si as II Xornadas educaBarrié sobre experiencias de Patrimonio na infancia: 0-6 anos mostraron  a educaBarrié como  lugar de encontro na Educación Infantil 0-6 anos pola excelencia das experiencias presentadas polos centros educativos e pola innovación na concepción de achegar expertos de distintas áreas como Creus e Carrasco ( arquitectos de referencia internacional) , Antonio Sandoval  ( coñecido divulgador mediambiental) ou Isabel García Rodeja- Gayoso ( Directora do Departamento de Didáctica das Ciencias da USC), as novas que acabamos de recibir nos enchen de orgullo e alegría:Tres centros seleccionados na  Convocatoria de Proxectos Escolares educaBarrié 2012/2013, veñen de recibir o recoñecemento de outras entidades.

O I Premio Nacional De Innovación Educativa de La Fundación GSD otorgou como fallo do xurado:

-Primeiro premio  ao proxecto  "Doña Emilia en Femenino plural " do IES Sabón. Un excelente traballo na aula de ESA e que ven a recoñecer que , ainda coas dificultades que entraña o ensino de adultos, a forza e saber facer dun equipo didáctico é capaz de derribar tódalas barreiras e achegar valores, tecnoloxía e motivación a un grupo de alumnos tan heteroxéneo.

- O terceiro premio na modalidade 1 para o Proxecto "Barxas Emprende: Productora Audiovisual" do IES As Barxas. Un proxecto de emprendemento e arte, sólido, motivador e máxico nas máns de dúas excelentes profesoras.

- Unha mención honorífica para o CEIP Ponte dos Brozos polo proxecto "Aumentando a Realidade. Estudio das posibilidades didácticas da  realidade aumentada aplicada á historia" unha proposta na fronteira da tecnoloxía educativa.

Ademáis, O IES de Sabón acaba de recibir o Premio ás Boas Prácticas Educativas da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Unhas novas que queremos compartir cos compañeiros participantes e aproveitar para agradecerlles o ter traballado connosco. Todo un honor!

Por último, animar á comunidade educativa a presentar ás súas ideas na convocatoria de proxectos deste curso que remata o 13 de decembro e na que seguro vamos contar con profesores tan excelentes como os que vimos de citar.


19/11/2013
  • Actualidad
  • Didáctica

educaBarrié quere acompañar ao pulso da educación, a aqueles profesores innovadores que co seu esforzo e paixón moven á educación en Galicia.

Nun espacio corto de tempo, menos de sete días, celebráronse en Galicia tres xornadas salientables:

1-As Xornadas sobre o ensino da Estatística que se celebraron na sede da Fundación Barrié en Vigo o 16 de novembro, organizadas por AGAPEMA e  SGAPEIO e que representan o peche dun ano lectivo cheo de gratifcantes momentos de colaboración con estas entidades. Unha colaboración que continuamos con novas propostas e actividades.

2- Galiciencia 2013, a maior feira de ciencia do Sur de Galicia, onde os investigadores e emprendedores do futuro, amosan os seus proxectos de innovación e onde, educaBarrié presenta as súas actividades e proxectos para o curso 2013/2014, enfocados a introducir a ciencia nas aulas de forma interdisciplinar e participativa fomentando as novas vocacións científicas e investigadoras.

3- XXVI Congreso de Enciga o evento de  profesores de ciencia máis importante de Galicia, onde se presentaron 4 proxectos de educaBarrié e se amosaron as actividades, eventos e recursos ligados a educaCiencia e a outros proxectos das áreas de Acción Social e Patrimonio da Fundación Barrié.

En resumo, unha semana intensa e que da mostra da implantación de educabarrié como proxecto de referencia entre o profesorado galego.

E ... como os docentes somos incombustibles, entramos de cheo para a semana próxima nas II Xornadas educaBarrié sobre Patrimonio na infancia.

Esperámosvos!!


11/11/2013
  • Actualidad
  • Didáctica

Como tódolos anos nestas datas, a Fundación Pondal celebra a  XVII  edición do "Outono Pondaliano" que se prolongará do 3 ao 30 de novembro. Cunha amplia representación de artistas e intelectuais galegos, as xornadas deste ano xiran sobre o himno galego con distintos enfoques e análises da obra "Os Pinos"  de Eduardo Pondal.

Cada martes de novembro, celebraranse conferencias e  charlas na sede da Fundación que se complementan con actividades en centros educativos e outras actividades de divulgación da obra de Pondal.

educaBarrié participou na xornada do  martes 5 de novembro, presentando suxestións e orientacións didácticas para o uso nas aulas do "Portal das palabras".

Os  máis de 40 profesores asistentes, puderon visualizar  "in situ" a potencialidade desta ferramenta desenvolvida pola Real Academia Galega en colaboración coa Fundación Barrié e se lles animou a crear un grupo de traballo sobre o Portal mostrando, a modo de exemplo, o diccionario toponímico  realizado no IES Poeta Uxío Novoneyra do Caurel  na convocatoria 2012/2013 de Proxectos escolares de educaBarrié.

Parabéns á Fundación Pondal por esta excelente iniciativa anual que pon en valor a figura do autor pontecesán e dinamiza culturalmente á zona de Bergantiños.


22/10/2013
  • Actualidad
  • Didáctica


Este sábado terá lugar en Vigo unha interesante acción formativa destinada a mestres y educadores sobre o ámbito psicomotor e o pensamento musical na escola infantil, organizada polo Equipo de Atención educativa da área de Escolas Infantís do Consorcio Galego de Servizo de Igualdade e Benestar Social.

A xornada conta coa presencia de Bernard Aucouturier, experto internacional no eido da psicomotricidade, que impartirá a conferencia  "A práctica psicomotriz educativa e preventiva da primeira infancia: O xogo espontáneo é unha das prioridades do neno necesarias para a súa autonomía e o seu desenvolvemento  harmonioso" e Paulo Lameiro.músico e pedagogo portugúes de prestixio internacional   que participou fai uns anos no programa de educaBarrié "Despertamos a las artes"  e que presentará  ao público asistente o  "Berço das Artes SAMP " e impartirá unha conferencia :"MUSICALMENTE: Porque a Música penetra mais fundo na alma humana".

Ademáis de unha mesa redonda e un debate final, da man destes prestixiosos expertos, a xornada contará con un "Obradoiro para familias e bebés" .

Para non perder!!!

Para máis información, premede aquí


14/10/2013
  • Actualidad
  • Didáctica

Logo do éxito das I Xornadas educaBarrié de Didáctica de Educación Infantil, dedicadas á didáctica da ciencia, esta 2ª edición 2013/14 amosa unhas xornadas dedicadas á didáctica de patrimonio na mesma etapa educativa.

Unhas xornadas de innovación didáctica onde se reunirán, por primeira vez en Galicia educadores e mestres da etapa infantil 0-6 anos con pedagogos e expertos en patrimonio, ao redor de comunicacións e obradoiros. Unha etapa que se segmenta en dous niveis do punto de vista administrativo, mais totalmente complementaria do punto de vista curricular e que constitúe unha oportunidade para crear un foro de encontro e de desenvolvemento de grupos de traballo pioneiros a nivel nacional.

As xornadas están dirixidas a profesores e profesoras de Educación Infantil, pedagogos, educadores e estudantes de maxisterio e ciclos formativos así como todas aquelas persoas interesadas en profundar coñecementos na área de patrimonio.

Para saber máis, inscribirse e consultar o programa premede aquí


09/10/2013
  • Actualidad

La imagen de este post se tomó el 31 de mayo del 2013 con motivo de la Jornada de Proyectos educaBarrié 2012/2013. Una tarde de encuentro donde compartimos proyectos, actividades y metodología y, sobre todo, la pasión por educar.

Desde hace dos semanas y hasta el 13 de diciembre,  está activa la convocatoria de proyectos de educaBarrié. Una acción dirigida a fomentar el desarrollo de propuestas educativas innovadoras relacionadas con las actividades que se llevan a cabo desde las áreas de la Fundación Barrié en educaBarrié y que se pondrán en marcha durante el curso escolar 2013-2014.

Con tres modalidades: departamentos de un centro escolar, intercentros y de uno o más centros educativos con una entidad o asociación sin ánimo de lucro, no tenéis más que visitar los Proyectos seleccionados en la convocatoria 2012/2013 para haceros una idea de las características que se valoran (replicabilidad en otros contextos, innovación TIC, tareas que impliquen metodologías activas, etc).

 

No dudéis en comentarnos cualquier duda sobre la convocatoria en educabarrie@fbarrie.org


Distribuir contenido